Ir o contido principal

Xornada Técnica


"Xornada Técnica: Instalacións solare fotovoltaicas"

Este 14 de xuño, o alumnado dos módulos de Instalacións Solares Fotovoltaicas de presencial e distancia compartimos co alumnado do Máster de Enerxías Renovables da USC unha xornada técnica por triplicado: para comezar Alberte de ABF explicounos polo miúdo unha das súas instalacións solares fotovoltaicas autónomas no concello de Vedra, para continuar, o noso alumno Manuel Martínez, bombeiro de profesión, ensinounos material e técnicas básicas de traballos en alturas e finalizamos coa introdución ao mantemento predictivo con cámara termográfica  con Sabela e Gonzalo de Applus, voo de dron incluído!! E como non podía faltar o postre, Breogán Udías, carpinteiro e bioconstrutor, ensionounos a casa bioclimática construída con madeira e pacas de palla á que vai dar servizo esta instalación. Moitísimas grazas a todas, un luxo poder contar con vós.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Cookies UI

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais