Ir o contido principal

Conferencia Inaugural 2019-20


Ángel Carracedo

No día de hoxe contamos coa visita do catedrático de medicina legal, investigador e experto internacional en xenética Ángel Carracedo, quen foi o encargado de impartir a conferencia inaugural do curso 2019-20 no CIFP Politécnico de Santiago. O Dr. Carracedo expuxo as tres principais liñas de traballo que levan a cabo no Grupo de Medicina Xenómica, do que é coordinador: a xenética das enfermidades, forense e evolutiva e de poboacións. Dende o Politécnico queremos agradecer a magnífica e entretida intervención do ponente, quen foi capaz de manter a atención do alumnado e profesorado asistente e mostrarnos os últimos avances en xenética.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada da autoría de Paula Franco.

 
 
 
 

 

 

Cookies UI

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais