Ir o contido principal

Eduemprende-Idea 2019-20


"Convocatoria do concurso de proxectos de empresa Eduemprende Idea 2019-20"

http://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-idea

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    • Estar matriculado no curso 2019-2020 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
    • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
    • As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  1. Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  2. Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

Como participar

Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria. Para presentar a solicitude, o representante do grupo deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias dos/das alumnos/as e do proxecto con que opta aos premios a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que se xunta como anexo I ás bases, e que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG 02-06-2020).

Cookies UI

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais