POLÍTICA DE CALIDADE
A Política de Calidade é o conxunto de intencións globais e a orientación do noso centro relativas á calidade, expresadas formalmente pola Dirección. Todo o Centro (alumnado, profesorado, persoal non docente e pais e nais) ten palabra na determinación da Política de Calidade polo que convidámoste a participar coa túa opinión a través da caixa de suxestións. Contribuirás deste xeito á mellora do noso sistema de xestión da calidade.
Con data 04 de xullo de 2020, AENOR, Asociación Española de Normalización e Certificación, voltou certificar que o CIFP Politécnico de Santiago dispón dun sistema de xestión da calidade consonte coa Norma UNE-EN-ISO 9001:2015 para as actividades de impartición de formación profesional inicial (en réximen ordinario e en réximen das persoas adultas) de grao medio e grao superior nas familias profesionais de Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Transporte e Mantemento de Vehículos, Química, Madeira, Moble e Cortiza, Enerxía e Auga, Instalación e Mantemento e Seguridade e Medio Ambiente así como o proceso de acreditación de competencias. Prema sobre as seguintes ligazóns para acceder a un resumo da política de calidade dos centros integrados de Formación Profesional de Galicia e a correspondente certificación do noso centro: