Ir o contido principal

Emprendemento

Emprendemento

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa. Para isto, contará coa colaboración e o apoio da Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (CEEI de Galicia, SA -Bic Galicia-).

O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

Está demostrado que a educación e a formación contribúen á creación dunha cultura emprendedora, empezando polas idades máis temperás, ao fomentar entre o alumnado as calidades persoais que constitúen a base do espírito empresarial: a creatividade, a iniciativa, a responsabilidade, a capacidade de afrontar riscos e a autonomía persoal. As actividades organizadas por este departamento están encamiñadas á adquisición por parte do alumnado desta cultura emprendedora.

Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia.

Na seguinte ligazón podes descargar o cartaz do viveiro de empresas do noso Centro.

O espírito emprendedor é un dos motores principais da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Desde hai anos, observouse unha correlación positiva e sólida entre o fomento do espírito emprendedor e os resultados económicos en termos de crecemento, supervivencia de empresas, innovación, creación de emprego, cambio tecnolóxico e incremento da produtividade.

Na seguinte ligazón podes acceder á correspondente páxina web de Emprendemento da Consellería de Educación.

O espírito emprendedor pódese entender nun sentido amplo, como unha actitude xeral que resulta útil tanto na vida cotiá de calquera persoa como nas actividades profesionais que desenvolve, e tamén como un concepto específico de formación dirixida á creación dunha empresa, a empresarialidade.

A continuación podes acceder ás novas relativas ao fomento do espírito emprendedor.

Cookies UI

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais