DEPARTAMENTO DE CALIDADE

SOLICITUDE DE ELIMINACIÓN DE FOTOGRAFÍAS DA PÁXINA WEB

Formulario para requerir a eliminación de fotografías que conteñan a imaxe da persoa solicitante.

Pregámoslle que cobra os seguintes datos (*campo obrigatorio), tendo en conta a seguinte información sobre o uso que se lle vai dar aos seus datos persoais:

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
 Responsable do tratamento  Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Secretaría Xeral Técnica.
 Finalidades do tratamento Recoller información para a eliminación das fotografías que conteñan a imaxe da persoa solicitante.
 Lexitimación para o tratamento  Consentimento da persoa interesada.
 Destinatarios dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros salvo as previstas na lei.
Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos
Contacto delegado de protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

1.   Datos Persoais:

2.   Localización da fotografía:

A continuación vaise solicitar a dirección web na que aparece a fotografía ou fotografías obxecto de eliminación. Ao pasar o rato por riba da fotografía aparecen tres iconos na esquina superior dereita. Escollerase o icono central ('Open image in new window' Abrir a imaxe nunha nova xanela) e copiarase a direción que aparece na barra de direcións.

Para sinalar máis dunha fotografía, separe as direccións correspondentes mediante o retorno de carro.