Ir o contido principal

IMPORTANTE: Xornada de Acollemento PROBAS LIBRES

IMPORTANTE: Xornada de Acollemento PROBAS LIBRES

XORNADA DE ACOLLEMENTO: Venres, 2 de xuño, as 19:30 horas, no Salón de Actos do CIFP Politécnico de Santiago.

Esta xornada de acollemento é obrigatoria según establece a ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 22. Organización e coordinación do proceso de información

2. Logo de rematado o proceso de matrícula, o equipo directivo do centro encargarase de organizar e coordinar unha xornada de acollemento para as persoas matriculadas, xunto co orientador ou a orientadora do centro, co fin de transmitir a información precisa, dar as instrucións que consideren convenientes e aclarar as dúbidas xurdidas para o mellor desenvolvemento das probas.

Disposición adicional segunda. Baixas de oficio

1. Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.
Para os efectos de determinación da baixa de oficio, a comisión de avaliación valorará as circunstancias na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no correspondente regulamento de réxime interior do centro.
2. Contra a resolución da baixa de oficio da matrícula, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.
3. As persoas ás cales se lles aplique a baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que non se terá en conta ningunha cualificación e non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión a que se refire artigo 10.

Cookies UI

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais