Ir o contido principal

Xornada Técnica Asinec


Xornada Técnica Asinec: Saídas profesionais no CIFP Politécnico de Santiago

O xerente de ASINEC, Rafael Suárez, acudiu ás xornadas de portas abertas organizadas polo Politécnico de Santiago para impartir unha formación sobre as saídas profesionais que terán aqueles que se atopan cursando ciclos formativos relacionados coas instalacións eléctricas e de telecomunicacións.

Neste tipo de xornadas, os estudantes poden comprobar as diversas opcións das que dispoñen unha vez finalicen os seus estudos, e, no caso de que decidan comezar coa súa actividade laboral, que coñezan as posibilidades que se lles presentan, así como realizar o rexistro de maneira correcta nas distintas especialidades.

Unha parte deste relatorio sempre esta relacionada co aplicativo FEGA- PC que será unha ferramenta moi útil no caso en que decidan habilitarse como empresas instaladoras de baixa tensión.

A continuación móstranse as ligazóns á correspondente nova do portal de ASINEC e a unhas fotografías da xornada.

 

 

 

Fotografías: ASINEC

Cookies UI

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais