AQUAE TALENT HUB VOLVE A SANTIAGO PARA DAR UN PASO MÁIS NA INNOVACIÓN COLABORATIVA
AQUAE TALENT HUB VOLVE A SANTIAGO PARA DAR UN PASO MÁIS NA INNOVACIÓN COLABORATIVA | |
---|---|
![]() | Santiago de Compostela acollerá o 8 de novembro a segunda edición de Aquae Talent Hub. Trátase dun evento de innovación e emprendemento impulsado por Viaqua, a súa Fundación Aquae e a USC coa idea de dar "un paso máis", centrado este ano na "innovación colaborativa". |
Trata de dotar de ferramentas de crecemento profesional e persoal a alumnado e outros participantes do mundo do emprendemento e a innovación, a experiencia trata ademáis de reafirmar o seu vínculo coa Universidade, ao compartir esa preocupación pola innovación que contribua a un mundo sostenible. O evento correrá a cargo de expertos en innovación e emprendemento como Cecilia Tham, impulsora del movimiento maker en Barcelona, Ana Sáenz de Miera, codirectora de Ashoka Europa, Valerie Miles, editora da revista Granta en español e Santiago Roncagliolo, escritor comprometido co desenvolvemento na Amazonía. Irene Lapuente, cofundadora de la empresa La Mandarina de Newton, será a dinamizadora dos talleres. O lugar será a Aula Magna da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela en horario de 10.00-14.00. Prema sobre as seguintes ligazóns para acceder ao cartaz, unha nota de prensa informativa ou a propia web da Fundación Aquae. |